Categories: Noticias Ambientales
      Date: oct 20, 2018
     Title: CLIMATHON GALICIA 2018: 26 de outubro en Santiago de Compostela

Dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, enmarcada dentro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia anuncian a convocatoria do CLIMATHON GALICIA 2018, que terá lugar o vindeiro día 26 de outubro no centro social Abanca en Santiago de Compostela.



CLIMATHON é unha maratón mundial de xeito simultáneo sobre cambio climático posta en marcha por Climate-Kic.

Queremos concienciar ás xeracións presentes e futuras sobre este problema e tentar de acadar solucións concretas a desafíos concretos. O reto CLIMATHON GALICIA 2018 é "MENOS RESIDUOS = MENOS EMISIÓNS" con tres niveis de actuación: Innovación, Xestión de Residuos e Comunicación & Sensibilización Social e a meta común é recoller o maior número de propostas viables de cara á loita contra o cambio climático a través dun formato de tormenta de ideas. Contaremos con relatores de gran nivel dentro destes tres ámbitos, así coma cun equipo de dinamizadores profesionais que guiarán e axudarán aos participantes durante a tormenta de ideas para recoller propostas innovadoras, entre as que se escollerá unha gañadora.

Queremos aproveitar esta oportunidade única brindada pola celebración do CLIMATHON GALICIA para, paralelamente, convocar o Diálogo de Talanoa entre todos os asistentes. O Diálogo de Talanoa é unha iniciativa lanzada durante a Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático en Bonn, a finais do 2017, a COP 23, sendo o seu obxectivo xerar un diálogo inclusivo, participativo e transparente e fomentar o intercambio de ideas para cumprir os obxectivos sobre Cambio Climático.

Se queres aportar ideas, partillar recomendacións e información que poida axudar a Galicia a levar a acción climática ao seguinte nivel, para cumprir así os obxectivos do Acordo de París e a Axenda 2030, apoiando os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), entón CLIMATHON é o teu lugar!

Dende a Xunta de Galicia queremos convidarche a que participes o próximo 26 de outubro neste maratón sostible, no que os asistentes serán os verdadeiros protagonistas na loita contra o cambio climático.

REXISTRO: Na web oficial de CLIMATHON: https://climathon.climate-kic.org/gl/climathongalicia

Durante os vindeiros días desvelaranse os relatores e máis detalles do programa a través das redes: @GaliciaSostible

Fuente: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Xunta de Galicia)